A marcha de Chacón e o “borrado” nos ordenadores de Bárcenas

 

O xoves 29 de agosto prodúcese novamente unha MALICIOSA INTERPRETACIÓN de dúas informacións referidas ao PSOE e ao PP, concretamente a Carme Chacón e a Luis Bárcenas. Chacón anuncia que deixa temporalmente o Congreso dos deputados para ir a unha universidade de Miami.

         
O Telexornal mediodía da TVG ofrece -destacadas, case ao principio do informativo- dúas noticias sobre o asunto: declaracións da propia Chacón nas que di que no PSOE “teñen que pasar cousas canto antes…”, e un informe no que se destacan a súas desavinzas coa dirección do Partido e a súa derrota fronte a Rubalcaba pola secretaría xeral:
Esta AMPLA E MINUCIOSA análise (recalcando os conflicos, o negativo) sobre a marcha de Chacón, CONTRASTA NOTABLEMENTE COA CICATERÍA COA QUE SE TRATA A AUTÉNTICA INFORMACIÓN DO DÍA:  o PP RECOÑECE QUE BORROU OS DATOS DOS ORDENADORES DE BÁRCENAS
O principal telexornal da galega, o do mediodía, “ventila” o asunto con 25 segundos de imaxes, e unhas declaracións do vicesecretario de organización do PP, Carlos Floriano, xustificando e amparando o feito de destruir eses datos que tiña Bárcenas no seu despacho da sede do PP:
Non se da absolutamente nada das inmediatas e indignadas reaccións políticas dalgúns partidos da oposición; o PSOE ataca duramente ao PP porque “veta comparecencias, compra silencios e borra ordenadores”:

Izquierda unida (IU) arremete contra o PP polo seu “estilo mafioso”:

Pero quizáis o máis penoso é a ocultación das declaracións do avogado de Bárcenas, Javier Gómez de Liaño, a varios medios de comunicación despois de falar co ex-tesoureiro do PP no cárcere. O letrado afirmou que Bárcenas lle dixo que “NESES ORDENADORES HABÍA INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE PARA A CAUSA”, e cualificou de “COMPORTAMENTO IRREGULAR” do PP o feito de borrar os datos:

Outro capítulo máis da actitude dos responsables de informativos: resáltase a marcha de Chacón (PSOE) da primeira liña política, e pásase case “de puntillas” por un feito moi grave e sospeitoso que apunta directamente a unha posible “corruptela” do PP: o borrado de datos dos ordenadores de Bárcenas, que seguramente contiñan información comprometedora para algúns altos cargos do partido popular…

De novo a famosa dobre vara de medir. Lamentable.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s