
Martes 27 de agosto. A maioría do PP na deputación permanente do Congreso REXEITA A COMPARECENCIA DA MINISTRA DE FOMENTO, ANA PASTOR, para explicar qué medidas se van tomar trala imputación de responsables de Adif no sinistro do tren en Santiago.
A deputada do BNG, Olaia Fernández Dávila, afirmou que son necesarias responsabilidades políticas polo accidente, xa que houbo máis razóns que o despiste dun maquinista.
Así reflicten a noticia varios medios españois:
NINGÚN INFORMATIVO DA TVG SE FAI ECO DESTA NOTICIA, relevante para Galicia e para o resto de España. A maioría do PP evita que Ana Pastor compareza no Congreso para dar detalles nunha cuestión tan trascendental, e os telexornais miran para outro lado. O de sempre.