O luns 26 de agosto, o xornal “El Mundo” publica que o ex-xerente do PP, Cristóbal Páez, cobrou como indemnización 350.000 euros de máis, logo de ocultar os papeis de Bárcenas.
“El Mundo” publica que o despido de Páez foi outra das condicións que lle aceptou Mariano Rajoy a Bárcenas para “aparentar” a saída deste do Partido Popular, cando realmente mantiña despacho, secretaria, e un soldo de 18.000 euros ao mes.
Así destaca a noticia o xornal madrileño:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/25/espana/1377455664.html
A pesar da importancia e alcance da información, OS TELEXORNAIS DA TVG NON OFRECEN ABSOLUTAMENTE NADA DA MESMA, noutro exercicio de ocultación descarada de todo o que afecte negativamente ao PP.
E non é porque non adoiten publicar informacións de xornais, e en concreto de “El Mundo”. Nas últimas semanas, os responsables dos informativos recorreron intensa e frecuentemente a ese xornal, para referirse ás supostas corruptelas de UXT en Andalucía. Ahí vai unha “pequena” mostra:
E por se fose pouco, tamén acudiron ao ABC para seguir “machacando” o asunto de UXT Andalucía:
Igual o tratamento informativo ao de UXT en Andalucía -aludindo ao publicado polos xornais- está ben… PERO ENTÓN HAI QUE FACER O MESMO CON NOTICIAS RELEVANTES COMO A DO EX-XERENTE DO PP.
Pero xa saben como as gastan os que manipulan na TVG: sae algo contra o PP ??, silenciase. Contra outros partidos ou institucións ?, a destacalo sen miramentos.