Eureka !!!, que diría Arquímedes. Á sexta foi a vencida !!!. Por fin, o xoves 22 de agosto A TVG INFORMA SOBRE O ALCALDE DE BARALLA, que semanas atrás xustificou as condenas a morte do franquismo.
Os principais informativos ofreceron a noticia do pleno do concello para debater sobre a posible dimisión de Manuel González Capón (PP), que finalmente se mantén no cargo porque di que llo piden os veciños…
Pero hai cousas que seguen sorprendendo: ningún dos telexornais ofrece as opinións dos partidos da oposición en Baralla, o PSOE e o BNG, mentres si se ofrece a do propio rexedor.
Lembren que este é un dos casos máis descarados de ocultación informativa na TVG: durante o mes de agosto, nin se informou das palabras verquidas polo alcalde do PP, nin das condenas posteriores da oposición, nin das repetidas solicitudes de dimisión, nin das peticións de convocatoria de plenos para que renunciase ao cargo… Outra vergoña máis dos responsables de informativos da TVG.