
Xoves, 22 de agosto: o Telexornal serán da TVG informa sobre dous chíos “polémicos” que fan referencia ó delicado estado de saúde de Cristina Cifuentes, a delegada do Goberno en Madrid.
Os chíos publicáranse dous días antes:
A TVG puido optar por chíos solidarios e de bos desexos do propio Llamazares ou doutros membros do Partido Socialista, pero preferiu destacar os que aparecen nesta información.
Noutras ocasións, a Televisión de Galicia non ensinou chíos que foron obxecto de moita controversia.
Un político canario do Partido Popular escribiu que “se algún perroflauta (sic) agredise algunha das miñas fillas, arríncolle a cabeza”.
Máis recentemente, un deputado do Partido Popular escribiu en twitter un día despois do accidente de Angrois que “lle daba pena que a catástrofe ferroviaria nos impida expresar prudentemente a nosa satisfacción polo datos do paro”.
A TVG non se preocupou por este dous chíos. As famosas varas de medir.