Un traballo na deputación… para un concelleiro do PP


O mércores 21 de agosto coñécese a polémica creada ao redor da Deputación de Ourense, porque un concelleiro do PP en Pereiro de Aguiar, familiar ademáis do alcalde Eliseo Fernández (tamén do PP), conseguíu un posto de traballo nesa institución ourensá nun proceso que seica estivo “salpicado” de irregularidades…
        

Así o destaca unha das aspirantes ao posto, que solicita unha revisión dos méritos e que se anule o nomeamento do concelleiro do PP:

 
            Sen embargo, os informativos da TVG non dan absolutamente nada desta noticia, nin no Telexornal mediodía nin no Telexornal serán.
 
             Esta ocultación dunha nova salientable que implica a un representante do PP, contrasta co seguimento e realce que se lle da -por exemplo- a todo o que acontece na Deputación de Lugo (gobernada por PSOE e BNG, baixo a presidencia do socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro).
 
              Sirvan como referencia dúas informacións emitidas nos telexornais días pasados, o 19 e o 20 deste mes de agosto:
 
 
 
              O xa coñecido dobre raseiro dos responsables de informativos ao decidir que noticias saen: as incómodas para o PP, nada de nada. As que se refiren a outros partidos… destacalas sempre.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s