A “culpa” de UXT e a “suposta” contabilidade B do PP

O Telexornal mediodía do martes 20 de agosto destaca unha información aparecida no xornal “El Mundo”, na que se afirma -sen ningún cualificativo tipo “supostamente” ou “presuntamente”-, que a federación andaluza de UXT pagou con fondos europeos a impresión e a distribución da revista para os seus afiliados:

Contrasta enormemente ese tratamento informativo, afirmando con rotundidade o “financiamento” da revista de UXT de Andalucía, co ocorrido só unhas horas antes coas declaracións de Alfredo Pérez Rubalcaba, nas que criticou ao presidente do goberno, Mariano Rajoy, por pedirlle sacrificios aos cidadáns, mentres no PP se cobran sobresoldos.
Na presentación da noticia no Telexornal serán do luns 19, dise nunha ocasión “SUPOSTA” contabilidade PP do PP, e noutra “SUPOSTOS” sobresoldos:
No Bós días do día martes 20, “soamente” se cita unha vez o dos “SUPOSTOS” sobresoldos:
En que quedamos ??. Unha información dase con absoluta certeza e “carta de lei” (a de UXT de Andalucía), mentres nas declaracións de Rubalcaba contra o PP  se matiza dúas veces coa palabra “supostos”…
Será que para algúns responsables da TVG UXT é culpable ata que se demostre o contrario, e o PP sempre inocente, tamén ata que se demostre o contrario. A habitual dobre vara de medir nos informativos.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s