Ocúltase que @s galeg@s non poden ir de vacacións

O venres 16 de agosto, o xornal “La voz de Galicia” publica un exhaustivo informe sobre as dificultades e problemas que teñen os/as galegos/as para gozar das vacacións fora da casa.

A cifra reflicte fielmente o que significa a crise e os apretos para centos de milleiros de persoas que deben quedar no domicilio pola situación económica que atravesan:

Pero ningún Telexornal da TVG alude a isa análise do xornal coruñés, a pesar da importancia dos datos no actual contexto económico, e da rigorosidade do informe.
Non é a primeira vez que nos informativos da galega “pasan” de reseñar algunha noticia publicada nos xornais, porque os datos son negativos, e poderían dar unha imaxe de mala xestión ou incompetencia por parte da Xunta do PP.
Así ocorreu por exemplo, o pasado 21 de xullo, con senllos informes DRAMÁTICOS de “La Voz” e de “El Correo Gallego”, referidos aos graves problemas económicos existentes en Galicia.
O primeiro deles dicía que “Milleiros de fogares teñen que pedir auxilio a familiares e amigos”:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/07/21/crisis-empuja-miles-hogares-pedir-auxilio-familiares-amigos/0003_201307G21P28991.htm

“El Correo Gallego” aludía a que milleiros de familias de Galicia necesitan empeñar xoias para ir tirando diariamente e mesmo para pagar hipoetcas de fillos que están no paro:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/empeno-joyas-permite-ir-tirando-miles-familias/idEdicion-2013-07-21/idNoticia-818071/

Como dixemos xa naquel momento, é cuestión de sensibilidade informativa. Se a situación é a que é, hai que dicilo. Cando os demáis din cousas positivas dos gobernos do PP, a TVG ben que se fai eco delas. Cando din cousas malas, miran para outro lado.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s