O mércores 14 de agosto, o Telexornal mediodía emite unha información sobre a rolda de prensa da voceira do PP de Galicia, Paula Prado, na que lle pide a PSOE e BNG que “aclaren a súa postura sobre o terrorismo”:
O informativo da TVG só da esa parte da rolda de prensa, OCULTANDO OUTRO ASUNTO IMPORTANTE QUE ABORDOU A VOCEIRA DO PP: O RESPALDO e a aceptación das desculpas ao alcalde de Baralla, que xustificou días atrás os crimes franquistas.
Seguindo na liña de silenciamento desa noticia, a TVG non ofreceu ningunha información, ao contrario do que fixeron outros medios de comunicación:
http://www.expansion.com/agencia/europa_press/2013/08/14/20130814164346.htmlhttp://www.20minutos.es/noticia/1896158/0/
E xa ven que na rolda de prensa, a voceira do PP de Galicia di que foi máis grave o cualificativo de “chochito de oro” que lle deu un concelleiro do BNG de Cambados a Soraya Sáenz de Santamaria que o recoñecemento do alcalde de Baralla (PP) aos crimes cometidos polo réxime de Franco… un disparate.
Non hai maneira. Cando se decatarán que este é un servizo público “de” e “para” todos… non só “para” o PP ???