O suposto financiamento ilegal do PPdeG segue sen ser noticia

Luns, 12 de agosto: Segundo El País, Bárcenas confirmoulle ao xuíz as doazóns opacas recibidas polo Partido Popular de Galicia en 2006, cando Alberto Núñez Feijóo era xa presidente do PP galego.
A información de El País fala de case 2 millóns de euros procedentes a gran maior parte de empresas ás que a Xunta de Manuel Fraga adxudicara contratos millonarios.
A Televisión de Galicia omite a información, malia recoller con asiduidade as exclusivas que distintos xornais ofrecen nos últimos anos sobre casos de corrupción política. Xa a mediados de xullo eunonmanipulo denunciou que as novas que El País sacaba sobre o suposto financiamento ilegal do Partido Popular de Galicia eran unha anécdota nos Telexornais e desaparecían co paso dos días.
Un mes despois, os telexornais seguen ocultando unha noticia trascendental para a política galega. AGE mesmo pediu este luns a demisión de Feijóo por considerar que o PP “concorreu ilegalmente ás últimas eleccións”.
En definitiva, o costume de sacar as exclusivas dos xornais sobre a corrupción parece ter algunha excepción: cando se trata do Partido Popular de Galicia a TVG pasa a páxina.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s