Só horas despois de que Agustín Hernández fose a “estrela” dos telexornais do sábado 10 de agosto, DESAPARECE dos mesmos informativos da TVG do domingo, a pesar de que nunha entrevista na cadea SER ofrece declaracións relevantes sobre varios asuntos de actualidade.
Hernández cualificou de “responsable” e “moi acertada” a decisión do ex-ministro de Fomento, o socialista Xosé Blanco, de poñer en marcha a conexión de velocidade alta entre Ourense e Santiago, dixo que no accidente de Angrois houbo un cúmulo de erros e non un só (en clara alusión ao maquinista) e que é lamentable que a oposición utilice aos mortos para sacar rédito político. Noutro asunto, mesmo dixo que as verbas do alcalde de Baralla (PP) xustificando as mortes do franquismo eran “absolutamente inaceptables”:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/270077-hernandez-decision-blanco-responsable-acertada
A pesar da importancia das declaracións do conselleiro de infraestruturas da Xunta (esta vez si), os responsables de informativos da TVG non dan nin a máis mínima reseña. Iso si, hai unha información na que o ministro Miguel Arias Cañete di que non ten máis aspiracións políticas:
E logo ven o mellor; ata SETE INFORMACIÓNS SEGUIDAS DE FESTAS GASTRONÓMICAS, EVENTOS LÚDICO-FESTIVOS, E MESMO UN CONCURSO DE SEGA CON GADAÑA…
http://www.crtvg.es/informativos/50-autocaravanas-peregrinan-a-compostela-640184
http://www.crtvg.es/informativos/ltima-xornada-das-feiras-do-libro-e-do-comic-da-coruna-640183
http://www.crtvg.es/informativos/rianxo-celebra-a-cuarta-edicion-da-festa-do-mexillon-640182
http://www.crtvg.es/informativos/mondonedo-celebra-esta-fin-de-semana-un-mercado-medieval-640180
http://www.crtvg.es/informativos/o-marisquino-2013-de-vigo-celebra-hoxe-o-seu-dia-grande-640179
http://www.crtvg.es/informativos/concurso-de-sega-con-gadana-nos-vilares-640178
Tanta festa e tanta “carallada” nos telexornais do domingo 11, e nada esta vez para Hernández ???. Se só criticase á oposición, seguro que o daban, pero eloxiar a Xosé Blanco e acusar ao alcalde “defensor do franquismo” de Baralla… é demasiado. Conselleiro Hernández: o sábado tanto… e o domingo tan pouco !!!