Os “minutos de gloria” dun conselleiro da Xunta

          O sábado 10 de agosto, hai unha persoa que acapara un gran protagonismo nos Telexornais: o conselleiro de medio ambiente, territorio e infraestructuras, Agustín Hernández.

Este membro da Xunta sae 4 VECES entre o Telexornal mediodía e o serán..

A primeira, é para avaliar positivamente as medidas propostas pola ministra de fomento para lograr maior seguridade nos trenes:

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-galego-avalia-positivamente-o-plan-para-mellorar-a-seguridade-ferroviaria-639618

Isa mesma declaración, repítese exactamente pola tarde, no Tx serán:

http://www.crtvg.es/informativos/agustin-hernandez-valora-positivamente-as-medidas-de-seguridade-ferroviaria-639693

Pero non son os únicos “minutos de gloria” deste conselleiro. Tamén fala sobre a folga dos traballadores na pranta de residuos de Nostián, na Coruña. Primeiro dase a noticia (por certo, SEN DECLARACIÓNS DE NINGÚN TRABALLADOR NIN REPRESENTANTE SINDICAL DA EMPRESA…):

http://www.crtvg.es/informativos/os-traballadores-de-nostian-buscan-ampliar-a-folga-de-lixo-da-coruna-a-cespa-e-a-sogama-639677

… e despois chega Agustín Hernández coa súa aportación e consello:

http://www.crtvg.es/informativos/o-conselleiro-de-medio-ambiente-pide-que-se-respeten-os-bens-publicos-no-conflito-do-lixo-639609

Unha intervención que se volve emitir no informativo da tarde:

http://www.crtvg.es/informativos/agustin-hernandez-pide-respecto-cos-cidadans-e-os-bens-publicos-639676

Pobre Agustín !!!. Tócalle traballar en agosto, e ademáis ten que sacar tempo para sair na TVG. E polo que se ve nas imaxes, ten toda a pinta de estar nalgunha festa gastronómica. Esto de que os da Xunta teñan que sair sempre nos Telexornais… ten estas cousas. Igual así, agora será máis coñecido polos galeg@s…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s