As declaracións do alcalde de Baralla sobre as vítimas do franquismo e a posterior polémica política seguen se encontrar un lugar nos telexornais da TVG.
O venres, a xunta de voceiros da Deputación de Lugo tomou a decisión de levar ó pleno de setembro a petición de renuncia do alcalde, que ademais é deputado provincial. Os servizos xurídicos estudan se as palabras do político de Baralla supoñen unha vulneración da Lei da Memoria Histórica. Un equipo da TVG cubriu a rolda de prensa dos voceiros, como se aprecia na imaxe que acompaña este artigo. Outros medios si informaron.
Se houbera alguén que só se informase a través da TVG descoñecería por completo a existencia destas declaracións.