Por qué a TVG non informa da polémica do alcalde de Baralla?

Martes, 6 de agosto: Por segundo día consecutivo a Televisión de Galicia non informa ós galegos do escándalo político xerado polas declaracións do alcalde de Baralla.


O rexedor, do Partido Popular, pediu disculpas polas súas palabras do pleno da semana pasada: “os condenados a morte polo franquismo será porque o merecían”. Nin sequera o arrepentimento do alcalde se comentou na TVG.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-alcalde-baralla-pide-disculpas-desafortunadas-palabras-represaliados-franquismo-20130806155103.html

Evidentemente, a oposición reaccionou a estas palabras. O PSdeG pediulle ó presidente Feijóo unha desautorización pública. Foi nunha rolda de prensa á que asistiu a TVG.
http://www.rtve.es/noticias/20130806/psoe-galicia-pide-cese-del-alcalde-dijo-condenados-del-franquismo-merecian/732281.shtml

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/psdeg-exige-feijoo-desautorice-alcalde-baralla-fuerce-su-dimision/idEdicion-2013-08-06/idNoticia-820610/

Tamén o BNG pediulle ao PP unha explicación nun comunicado.
http://www.20minutos.es/noticia/1889734/0/

Ata a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica pediu o cesamento do alcalde.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/05/espana/1375727353.html

Por qué a TVG non fala do escándalo malia a relevancia e a repercusión das palabras do alcalde? Por qué non informa cando si o fan a Radio Galega e a propia web da CRTVG como se recolle nesta escueta nota en crtvg.es?
http://www.crtvg.es/esta-pasando/o-alcalde-de-baralla-retira-as-suas-palabras-sobre-as-vitimas-do-franquismo-636552

Todos os medios de comunicación de Galicia levan dous días informando. Todos menos a excepción habitual cando se trata dunha polémica incómoda para o partido no poder: a Televisión de Galicia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s