Nada sobre o alcalde do PP que xustifica as mortes do franquismo

       

Luns 5 de agosto. O alcalde do concello lugués de Baralla, Manuel González Capón, do PP, acende as redes sociais e provoca un estoupido informativo, ao coñecerse que durante un pleno municipal XUSTIFICOU AS MORTES DO FRANQUISMO.

         Seica dixo textualmente: “os que foron condenados a morte durante o réximen de Franco, sería porque o merecían”.
         De inmediato, numerosos medios de comunicación fanse eco da noticia:
          A pesar da relevancia (negativa, por suposto) dese comentario, feito por un alcalde dun concello galego… a TVG NON FAI NIN A MÁIS MÍNIMA REFERENCIA AO ASUNTO NOS INFORMATIVOS .
          Contrasta co “despregamento” que se fixo hai mes e medio, cando un edil de Cambados do BNG -dun xeito inaceptable e absurdo- lle chamou “chochito de oro” á vicepresidenta do goberno Soraya Sáenz de Sanntamaría. Ahí van algúns exemplos das informacións emitidas pola TVG daquela:
          “Bós días”, Telexornais, titulares… informacións amplas durante moitas xornadas… a pesar de que tampouco se trataba dun alto dignatario. Era un concelleiro de Cambados !!!.
           Igual como era do BNG… agora no caso do alcalde de Baralla, igual como é do PP… en todo caso, outra vergoña. Un servizo público como a TVG non pode ocultar feitos coma este, obra doutro “servidor público” como é un  alcalde.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s