Soterrando o caso Bárcenas

        O venres 2 de agosto, cando aínda está “quente” a comparecencia de Rajoy diante dos deputados do Congreso sobre a suposta corrupción económica e política no PP durante os últimos 20 anos, prodúcense varias reaccións de gran relevancia.

A máis importante é unha petición do PSOE, para que se cree unha comisión “co obxeto de investigar a trama de corrupción que se coñeceu con ocasión das investigacións xudiciais ao ex-tesoureiro do PP” (en alusión a Luis Bárcenas). Unha comisión que QUEREN EVITAR TANTO O GOBERNO (PP) COMA O PROPIO GRUPO POLÍTICO DO PARTIDO POPULAR.

Así o reflicten e destacan a maioría de medios de comunicación españois, como estes (INCLUÍDA TVE…):

http://www.rtve.es/noticias/20130802/psoe-pide-comision-investigacion-sobre-presunta-financiacion-ilegal-del-pp/729420.shtml

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/02/espana/1375443264.html

http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/psoe-pide-comision-investigacion-financiacion-partido-popular-congreso-2550312

http://politica.elpais.com/politica/2013/08/02/actualidad/1375444209_011051.html

Pero o que é importante para os medios máis influíntes en España, non o é para a TVG. OS TELEXORNAIS DESE VENRES 2 DE AGOSTO E O TX MEDIODÍA DO SÁBADO 3 NON OFRECEN NINGUNHA INFORMACIÓN SOBRE O ASUNTO. Parece que -tal e como se fixo coa comparecencia de Rajoy- hai que silenciar o grave conflicto que afecta ao PP, e que a xente se esqueza canto antes do “caso Bárcenas”…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s