Só se deu en directo unha intervención completa: a de Rajoy

Xoves, 1 de agosto. Prodúcese a agardada comparecencia de Mariano Rajoy para explicar no Congreso (aínda que se fai no Senado, por obras no anterior) o “caso Bárcenas”, que implica ao PP e a Rajoy mesmo en corruptelas e delictos políticos e económicos.
O espazo “Bós días”, da TVG, antes de conectar en directo con Madrid, cualifica a comparecencia de Rajoy como de análise da “situación política e económica do país… e a súa relación con Luis Bárcenas”:

http://www.crtvg.es/informativos/rajoy-di-que-non-se-declara-culpable-porque-e-unha-persoa-recta-e-honrada-634569

Despois, o “Bós Días” ofrece integramente a primeira intervención de Rajoy, aproximadamente unha hora. Tocoulle despois a quenda a Alfredo Pérez Rubalcaba. Cando o líder da oposición levaba falado pouco máis de 15 minutos, o “Bós Días” remata !!!

O presentador di que a retransmisión continúa na TVG, pola páxina web!!!!, mentres nas canles convencionais se dan programas de cociña, debuxos animados…

E mesmo coa noticia do día centrada na comparecencia de Rajoy, a web da CRTVG destaca e resalta toda a mañá a información de que o Deportivo xogará en 2ª división a vindeira temporada…

Unha vez máis, a estratexia de ocultar e/ou minimizar os asuntos críticos, incómodos ou conflitivos para o PP .
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s