
Antes de nada, desde “eunonmanipulo” queremos mostrar a solidariedade e apoio a todas as vítimas do accidente ferroviario do pasado día 24 e aos familiares e persoas relacionadas dalgún xeito con elas.
Por respecto a todos eles e a dramática situación vivida en Galicia desde ese nefasto mércores 24, este blog sumouse ás condolencias e permaneceu inactivo varias xornadas.
Desde hoxe, unha vez que rematen os actos oficiais de Estado en memoria das vítimas, este blog recupera a súa actividade para denunciar a corrupción e manipulación informativa na CRTVG, para CONSEGUIR QUE SEXA UN AUTÉNTICO SERVIZO PÚBLICO DE CALIDADE, HONESTO E DIGNO, DO QUE SE SINTAN ORGULLOSOS/AS TODOS/AS OS/AS GALEGOS/AS.