Era visto (o concello de Pontevedra contra a TVG)

23 de xullo. O pleno municipal de Pontevedra declarou a TVG “medio partidista e hostil” á cidade porque “non” da unha información suficiente, plural e veraz da realidade do concello.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/266293.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/23/galicia/1374604864_712638.html

http://pontevedraviva.com/xeral/6149/pleno-pontevedra-tvg-partidista-hostil/

A TVG non fai referencia a esta información.

O pleno do Concello, cos votos favorables de BNG e PSOE e a abstención do PP, declarou a TVG “medio hostil e partidista” por considerar que habitualmente non ofrece información veraz e real da cidade, e que só da noticias negativas e de sucesos.

Esta moción ven confirmar o que desde este blog xa se denunciou en varias ocasións: a diferenza de tratamento entre os concellos “amigos”, gobernados polo Partido Popular, e os concellos nos que gobernan outros grupos políticos, aos que se ataca sistemáticamente desde os informativos da TVG. No caso dos concellos afíns ao PP mesmo se chegan a silenciar informacións sobre protestas veciñais, e en ocasións as presións dos alcaldes chegan á mesma redacción de informativos, trasladadas directamente polos xefes de redacción.

Isto conculca os fíns para os que a canle pública foi creada, facendo un USO PARTIDISTA da televisión de todos os galegos e un silandeiro labor de propaganda a prol do Partido Popular.

Tamén saca á palestra, outra vez, A NECESIDADE DE REABRIR A DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA (pechada hai case 3 anos) para darlle cobertura informativa axeitada a unha das máis importantes cidades de Galicia, SENDO A ÚNICA CAPITAL DE PROVINCIA SEN PRESENZA DO MEDIO PÚBLICO. O peche xa fora denunciado non seu día polo concello, reclamando a continuidade na cidade do Lérez dos 25 traballadores que seguían a cotío o pulso informativo pontevedrés. Doce foron despedidos.

Dende este blog entendemos e mesmo apoiamos a decisión de dar respaldo dende o goberno municipal pontevedrés a unhas queixas formuladas en moitas ocasións de xeito informal, incluso a través do gabinete de prensa, aos xornalistas que imos traballar a Pontevedra.

Por iso desde “eunonmanipulo” solicitámoslle tamén ó concello de Pontevedra equilibrio e sensibilidade para cuns profesionais, que, na súa maioría, non son responsables dunha situación creada pola instrumentalización da televisión pública galega dos responsables de informativos, que se empregan a fondo en servir ao poder.

Como se lembra no escrito aprobado no pleno pontevedrés, en xuño máis do 60% dos xornalistas de TVG denunciaron a situación de manipulación e as presións que sofren no seu posto de traballo. Unha denuncia que se fixo nun momento de máxima precariedade laboral e no que é moi fácil sufrir represalias o que, dende o noso punto de vista, fai dobremente valiosas esas sinaturas.

Dende este foro cremos que sería desexable para todos que se seguise un cauce normal e civilizado de diálogo institucional entre o Concello de Pontevedra e a TVG para retomar o funcionamento normal e democrático na convivencia diaria.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s