Fraga, Cuíña, Crespo… e o diñeiro negro do PP de Galicia

O sábado 20 de xullo continúan coñecéndose datos sobre os papeis de Bárcenas e as numerosas irregularidades financeiras detectadas no PP de Galicia durante moitos anos.

O xornal La Voz de Galicia publica un extenso e detallado informe sobre as guerras de poder de Fraga, Cuíña, Pablo Crespo e outros membros do PP en Galicia e España nos anos 90 e 2000, e de como os conservadores galegos eran os que máis “abastecían” ilegalmente con diñeiro “b” (en negro) ó Partido Popular en España:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/07/20/caja-b-pp-bebia-galicia/0003_201307G20P19991.htm

É unha moi boa reportaxe xornalística, á que sen embargo OS RESPONSABLES DE INFORMATIVOS DA FIN DE SEMANA DA TVG NON LLE DAN IMPORTANCIA NINGUNHA. Outras veces, con novas positivas para o PP, citan rápida e dilixentemente a outros medios informativos.

E sen ir máis lonxe, no Telexornal do mesmo sábado, cítase a Bárcenas para indicar que recibíu cartos do PP vasco procedentes de comisións:

http://www.crtvg.es/informativos/barcenas-acusa-ao-pp-vasco-de-entregarlle-cartos-procendentes-de-comisions-629636

A distinta vara de medir: se afecta ó PP en Galicia simplemente non se da nada ou se ignora, mesmo tratándose de investigacións xornalísticas contrastadas. Do resto, e visto xa o “indefendible” que está o asunto Bárcenas, fan algunha referencia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s