30 segundos para dicir que Bárcenas sae na prensa

O domingo 21 de xullo, a repercusión mediática das declaracións e testemuñas xudiciais de Luis Bárcenas segue acaparando a atención en prensa, radio e televisión, con entrevistas e detalles clarexadores das numerosas “presuntas” irregularidades financeiras e de funcionamento dentro do PP.

O Telexornal mediodía da TVG simplemente emite uns 30 segundos (lidos polo presentador do informativo da fin de semana) baixo o título de “BÁRCENAS SEGUE NAS PORTADAS DOS PRINCIPAIS XORNAIS”. Así sae a noticia:

http://www.crtvg.es/informativos/barcenas-segue-nas-portadas-dos-principais-xornais-629764

Menos de medio minuto de portadas, PARA REFERIRSE UNICA E EXCLUSIVAMENTE A LUIS BÁRCENAS E PERSONALIZAR CASE TODO O CONFLITO NEL, sen analizar as gravísimas cuestións que están afectando ó Partido Popular como organización política e como institución de goberno.

E claro que está ben destacar a repercusión da “actualidade Bárcenas” nos principais xornais, pero facéndoo con rigor e criterio honesto.

O exemplo máis claro é o de “El mundo”:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/20/espana/1374346324.html

No Telexornal mediodía non se di EN NINGÚN MOMENTO QUE UN 66% DOS ENQUISADOS OPINAN QUE RAJOY COBROU SOBRESOLDOS ILEGAIS, E QUE UN 89% PENSA QUE DEBE COMPARECER DE INMEDIATO NO CONGRESO PARA DAR EXPLICACIÓNS SOBRE A SÚA RELACIÓN CON BÁRCENAS, OS SEUS COBROS PERSOAIS E O FINANCIAMENTO DO PP.

Un “excelente” traballo do gran equipo de informativos da fin de semana: “ventilar” en poucos segundos o asunto de corrupción política e económica quizáis máis importante da historia da democracia en España, falando case anecdoticamente da presenza de Luis Bárcenas nalgúns medios. Iso é xornalismo e compromiso coa verdade. O demáis, tonterías.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s