Marxinando a AGE e BNG

agebng

O venres 19 de xullo os partidos da oposición no Parlamento de Galicia AGE e BNG solicitan con firmeza as demisións de Rajoy e de Feijóo polas supostas corruptelas e irregularidades económicas cometidas dentro do PP de Galicia durante moitos anos, e piden a convocatoria de novas eleccións.

AGE mesmo reúne á prensa no Gaiás (como símbolo de despilfarro e pésima xestión), pero a TVG apenas lle adica uns segundos no Telexornal serán:

http://www.crtvg.es/informativos/age-pide-a-feijoo-que-convoque-eleccions-629511

Eso si, despois dáselle tempo suficiente ó vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para que critique a iniciativa de AGE:

http://www.crtvg.es/informativos/o-vicepresidente-da-xunta-considera-unha-saida-de-ton-a-peticion-de-beiras-629510

Tamén o BNG reclama que demitan Feijóo e Rajoy e solicita eleccións anticipadas, pero para máis vergoña, neste caso a TVG NON OFRECE NINGUNHA INFORMACIÓN SOBRE O ASUNTO.

Contrasta coa importancia que lle dan á noticia outros medios informativos:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/19/galicia/1374244276_996491.html

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/07/19/bng-exige-dimision-rajoy-feijoo/744084.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/age-liga-narcotrafico-financiacion-ilegal-pp-salia-galicia/idEdicion-2013-07-19/idNoticia-817882/

Cúmprese unha vez máis a estratexia dos responsables de informativos da TVG: o ninguneo e marxinación sistemáticos das iniciativas da oposición que conleven críticas ao PP.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s