O venres 19 de xullo xérase unha gran polémica por unha proposta de Sanidade ás comunidades autónomas na que quere que os tratamentos de reprodución asistida, como a inseminación artificial ou a fecundación in vitro, estean vetados a parellas de lesbianas e a mulleres soas na sanidade pública.
A carteira común básica de servizos que está a definir o Ministerio de Sanidade, resérvaos só para “parellas integradas por un home e unha muller” e sempre que haxa problemas de fertilidade.
Mentres, dende o departamento de Ana Mato dise que en ningún momento se discriminou para tratamentos de infertilidade por condicionantes persoais, como poden ser que unha muller sexa homosexual ou non teña parella.
A información está en poucas horas en tódolos medios dixitais.
http://www.abc.es/sociedad/20130719/rc-sanidad-propone-excluir-lesbianas-201307191259.html
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/07/19/noticias/1374225737.html
A TVG NON SE FAI ECO DESTA NOVA.