Mínima expresión da oposición no Caso Bárcenas

rajoy.jpg
Luns, 15 de xullo.  En plena treboada do caso Bárcenas o Telexornal Mediodía adica 15 noticias á información do día.
Malia esa cobertura, só hai dúas declaracións DUN SÓ partido da oposición. Entre as dúas non chegan nin a superar o minuto.
Unha é de Antonio Hernando,  na que o secretario de Relacións Institucionais do PSOE  di que nas próximas horas anunciarán as medidas que van tomar para intentar que Rajoy deixe de ser presidente do Goberno.
Outra é de Méndez Romeu sobre a comparecencia de Feijóo no Parlamento polo presunto financiamento ilegal do PP en Galicia,  comparecencia solicitada tamén por AGE e BNG,  grupos aos que non se alude para nada.

Tamén hai unha entrevista na Cadena Ser coa vicesecretaria xeneral do PSOE,  Elena Valenciano, á que non se fai referencia.

No Telexornal Serán,  máis do mesmo.  Mentres todos os partidos da oposición piden a demisión do Presidente do Goberno, neste informativo adícase preto de seis minutos a informar do caso Bárcenas dos que pouco máis dun minuto é para a oposición, e sempre con declaracións dun só partido o PSOE.
Na información afírmase que “as respostas que está a obter Rubalcaba poñen en evidencia que é bastante remota a posibilidade de establecer unha fronte común. 
 
Agora mesmo non hai unanimidade pra reclamar a marcha do presidente do Goberno.”
Cando todos os grupos reclaman a demisión de Rajoy, no que non hai acordo é no xeito de facelo, algo que mesmo TVE recoñece:
 
La oposición ha reaccionado ante las últimas revelaciones del  caso Bárcenas, que investiga una supuesta contabilidad del PP,  pidiendo la dimisión del presidente del Gobierno,  Mariano Rajoy, aunque las formaciones difieren en si se deben o no convocar elecciones generales anticipadas.”
 
A dirección de informativos da TVG quere transmitir unha sensación de oposición mansa, que non ameaza o liderado de Rajoy, unha oposición segmentada, sen forza, indecisa, cando a realidade é totalmente a contraria.
 
Mesmo en Galicia AGE e BNG piden a demisión do presidente do Goberno e na televisión pública galega non se escoita ningunha voz que recolla esta postura.
Parece que para a Galega a pluralidade non é relevante e tenta facer da sociedade galega e da vida democrática un “bipartidismo de facto”.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s