“Si no eres del PP, jodete, jodete”

Cantouno Xosé Luis Baltar nunha campaña electoral. Recordádelo?
“Si no eres del PP, jodete, jodete (…) Si no eres del PP, te vuelves a joder” (sic)
Ao caso.
Venres, 12 de xullo: O PSdeG-PSOE da localidade ourensá de Barbadás denuncia no xulgado ó alcalde e ó tenente de alcalde da localidade (gobernada polo PP) como autores de presuntos delictos de “negociacións prohibidas a funcionarios públicos e/ou prevaricación.
O Telexornal Mediodía recolle a información.
Curiosamente, non se ofrecen as declaracións que realizou o voceiro socialista de Barbadás ás portas do xulgado. E iso que as súas palabras as recolleu un equipo da Galega alí desprazado, como se pode comprobar neste video de Telemiño.
A perplexidade é maior cando na seguinte noticia, tamén do ámbito municipal, sobre unha decisión xudicial de investigar o pacto de goberno do Valadouro, si se ofrecen as correspondentes declaracións, desta volta claro, dun dirixente do PP.
O secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, que ten fío directo por certo coa dirección de informativos da TVG e unha capacidade asombrosa para mobilizar cámaras desde Lugo capital ata A Mariña, aparece unha vez máis no Telexornal.
Novamente úsase a TVG para servir de altofalante do que lle interesa ó PP e disimular ou silenciar aquelo que o perxudica. “Si no eres del PP…”
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s