O PP empeza a cuestionar a Rajoy; a TVG, non

15 de xullo.  Empezan a escoitarse as primeiras voces críticas no seo do PP.
O vicepresidente do Parlamento europeo e ex-presidente do PP catalán, Alejo Vidal-Quadras, o exparlamentario vasco Santiago Abascal e o filósofo José Luis González Quirós solicitaron a convocatoria urxente dunha Xunta Directiva Nacional do PP tras as últimas revelacións sobre o caso Bárcenas. Segundo engaden, a situación é “insostible” e o partido debe “reflexionar” sobre a continuidade de Mariano Rajoy.

A información sae publicada nos medios a media mañá. Europa Press saca un teletipo as 11.15.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-vidal-quadras-abascal-exigen-junta-directiva-urgente-pp-reflexionar-continuidad-rajoy-20130715111510.html

E outros medios tamén a publican:

http://www.intereconomia.com/noticias-gaceta/politica/vidal-quadras-y-santi-abascal-piden-relevo-rajoy-20130715

http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Vidal-Quadras-Abascal-Directiva-PP-Rajoy_0_1636425123.html

http://www.libertaddigital.com/espana/politica/2013-07-15/vidal-quadras-y-abascal-exigen-la-convocatoria-urgente-la-junta-directiva-del-pp-1276495203/?utm_source=10&utm_medium=mascomentado&utm_campaign=mascomentado

Na Galega non se fai referencia a esta información. Contrasta co tratamento que se adoita facer sobre as relacións internas doutros partidos da oposición como BNG, PSdeG ou AGE, onde os debates, escisións ou discrepancias entre os propios membros sempre atopan un oco nos telexornais da TVG.

Mentres se da unha visión de unidade e fortaleza duns (PP), incídese nas diferencias e fragmentacións dos demais grupos políticos. Unha estratexia consciente e deliberaba para empregar un medio público ao servizo do Goberno da Xunta e do Partido Popular.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s