As denuncias de doazóns opacas do PP galego, unha anécdota nos telexornais

 

 

 

Sábado, 13 de xullo. El País desvela que o Partido Pouplar de Galicia rexistrou en 2006 case dous millóns de euros en doazóns opacas.

 

Lonxe de explicar os detalles da exclusiva do xornal, como é habitual facelo dun tempo a esta parte (especialmente cando os supostos casos de corrupción afectan ós partidos da oposición), os informativos da TVG contan de pasada a información.
A primeira e única alusión que se fai no Telexornal Mediodía é para dar paso a unhas declaracións do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez. Só se fala dos “papeis que saca hoxe El País que apuntan un presunto financiamento irregular do PP galego”. Despois se engade que as doazóns opacas de 2 millóns de euros se recollen nun “informe interno do PP”.
É dicir. Non se entra nos detalles da información do xornal sobre a relación de ingresos e de empresas que figuran no informe emitido polo ex-xerente do PP de Galicia, Modesto Fernández (outro dato, por certo, que omite o Telexornal). Tampouco se di que o PP recoñeceu nas súas contas de 2006 doazóns por un total de 200.000 euros. Non se explica que para facer achegas monetarias ós partidos non se poden ter contratos coas administracións públicas e que as entregas non poden superar os 60.000 euros.
Á volta das declaracións de Pachi Vázquez, só se dedica unha frase á reacción do BNG.
En definitiva, unha información escasa e o máis disimulada posible no minuto 15 do Telexornal. Nin sequera foi nos titulares do informativo, bloque que durou 5 minutos!!!!!!!!!!
No Telexornal Serán repítense as declaracións de Pachi Vázquez e menciónase de pasada que PSdeG, AGE e BNG esixen que Feijóo dea explicacións ó respecto. Só se escoita o político socialista. O Telexornal Serán abre cun bloque de información política, pero esta grave acusación ocupa o sexto lugar. Tampouco foi en titulares.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s