Non interesa relacionar a Cospedal co caso Bárcenas

efe_20111031_112244_pa2013rajoy_1barcenas

O Caso Bárcenas sobre  suposta corrupción masiva no Partido Popular baixa máis puntos (aínda) no escalafón do Telexornal Mediodía.

Dia 11 de xullo, cando segue a ser portada en todo os xornais e noticia continuada de axencias durante toda a mañá, o principal informativo de Televisión da Galicia relega ó posto numero 25.

En titulares foi no sétimo ou no oitavo posto,  e o peor de todo e que o informativo pasa case por alto a decisión da Fiscalía de apoiar a solicitude de chamar como testemuña á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal,  para que aclare o proceso de donacións anónimas ó partido. De feito, dase a noticia sen imaxe, só un texto que leen os presentadores para dar paso á comparecencia do director do xornal El Mundo, e sen explicar para que ten que testificar.
E por suposto pouco tamén sobre o bloqueo do PP á petición de todos os grupos da oposición no Congreso para incluir unha sesión de control ó Goberno no pleno extraordinario da próxima semana. O Partido Popular, coa súa maioría absoluta, evita así preguntas sobre o caso Bárcenas.

E noticia destacada en todolos medios.
Http://politica.elpais.com/politica/2013/07/11/actualidad/1373538257_195928.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/11/espana/1373538600.html
http://www.europapress.es/nacional/noticia-pp-rechaza-comparecencia-rajoy-congreso-barcenas-20130711124838.html

En TVG unhas breves declaracions dos voceiros de PP e de PSOE.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s