Bárcenas segue sen ser noticia de primeira

 

elmundo.200elpais.200abc.200

10 de xullo. Outra vez o caso Bárcenas, que enche de sospeitas de corrupción os máis altos cargos do PP e do Goberno, sae malparado nos informativos da TVG. Malia que é a noticia principal en prácticamente tódolos medios españois, o Telexornal mediodía atopou unha excusa para relegalo a terceiro plano:

Pásalle por diante a reunión que MAÑÁ (11 de xullo)  vai ter unha representación española do sector naval en Bruxelas para intentar resolver o problema do tax lease. O asunto é de extrema importancia para Galicia, ninguén o dubida, pero a noticia é unha previa do dia seguinte, coa salvedade de que  o Parlamento galego aprobou  por unanimidade instar ó comisario europeo Joaquín Almunia a que reconsidere a decisión de obrigar ós asteleiros a devolver os beneficios fiscais.

O caso Bárcenas ocupou o terceiro titular, tras o remate do xuízo do Prestige, e só coa versión de Goberno e do PP.

“O Goberno e o Partido Popular saen en defensa de Mariano Rajoy. Defenden a legalidade de tódolos pagos a dirixentes do PP e amosan total confianza no presidente do partido.

A secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, anuncia unha ampliación da demanda contra o ex tesoureiro”, dixeron os presentadores nos titulares do informativo.

Así estaba nas webs dalgúns dos principais medios españois este mediodía.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/09/espana/1373387795.html

http://elpais.com/tag/caso_barcenas/a/

http://www.rtve.es/noticias/20130710/cospedal-amplia-demanda-civil-contra-barcenas-tras-acusarla-cobrar-comision/710362.shtml

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/07/10/cospedal-amplia-demanda-civil-contra-barcenas/00031373448023514578225.htm

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s