Crespo segunda parte

feijol.jpeg

4 de xullo. O xornal Faro de Vigo saca a segunda entrega da súa entrevisa a Crespo.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/07/04/etapa-cobraban-2000-euros-negro/840199.html

A Galega segue sen facer referencia a esta nova. Mesmo o presidente da Xunta fala do asunto na semanal rolda de prensa posterior o Consello, do que se da unha extensa información, incluso con conexións en directo. Feijóo dixo que “é unha persoa en mans da xustiza” e fixo referencia ás declaracións de Paula Prado para afirmar que entre o PP de Galicia non existen sobresoldos.

Unha información que fai pública a Axencia EFE ás 13:57 horas.

A dobre entrega de Faro de Vigo coa entrevista a Pablo Crespo non se recolle nos telexornais da TVG. En cambio, curiosamente, a televisión pública de Galicia si se fai eco dunha exclusiva do ABC que lle queda a Galicia moito máis lonxe.  Di o ABC, e a TVG detrás,  que  o vicepresidente da Xunta de Andalucía, Diego Valderas, membro de Esquerda Unida e socio do PSOE no Goberno andaluz, mercou en 1995 a prezo de ganga un piso que lle fora desafiuzado o seu propietario.  Segundo o criterio da dirección de informativos de TVG e dos responsables dos telexornais, aos galegos interesalles máis o que fan os políticos andaluces que a suposta corrupción da clase dirixente galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s