Crespo ameaza con tirar da manta e a TVG mira para outro lado

crespo esposado.jpgcrespo.png

3 de xullo. O xornal Faro de Vigo publica unha entrevista en exclusiva con Pablo Crespo, secretario de organización do PP nos 90 e un dos principais encausados na trama Gürtel. Crespo sinala que despois de pasar 1.090 días no cárcere agroma ese “ánimo de que se saiba a verdade”.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/07/03/barcenas-prision-hay-gente-pp/839231.html

Entre outras perlas que nos deixou esta primeira entrega do presunto líder da trama Gürtel é a afirmación de que o PP galego ingresaba daquela máis de 200.000 euros ao ano en “financiamento B”, aínda que en ano electoral esa cifra se disparaba. “Nunhas autonómicas, un partido como o PPdeG ou o PSdeG podía gastar entre tres ou catro millóns de euros en catro meses de precampaña”, sinala, para engadir que “a metade doadamente era diñeiro negro”.

Constatou que na súa etapa “algúns cobraban 2.000 euros en negro do PPdeG” e ameaza con “dar nomes do PP e do PPdeG e achegar probas” sobre as supostas irregularidades para que o xuíz decida “a relevancia penal”.

Crespo afirma que o PP galego tiña unhas “contas non oficiais” e que cando el abandonou o cargo llas entregou a Manuel Fraga, presidente do partido entón, e a José Cuiña, secretario xeral.

A maioría de medios fixéronse eco desta exclusiva:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/03/espana/1372840879.html

http://www.europapress.es/nacional/noticia-pablo-crespo-constata-complementos-negro-pp-ppdeg-epoca-20130703124703.html

http://www.publico.es/458320/pablo-crespo-amenaza-con-dar-nombres-de-los-que-cobraban-en-negro-en-el-pp

http://www.lavanguardia.com/politica/20130703/54377182691/pablo-crespo-amenaza-destapar-politicos-buena-imagen-vicios-privados.html

http://www.20minutos.es/noticia/1861782/0/pablo-crespo-pp/caso-gurtel-barcenas/nombres-politicos/

E tamén hai outros que falan directamente con Crespo:

http://www.cuatro.com/te-vas-a-enterar/2013/julio/03-07-2013/Pablo-Crespo-quienes-rodeaban-Barcenas_2_1630155139.html

A Televisión Pública Galega non fai referencia a esta información que ocupa importantes espacios nos medios de todo o Estado español.

Nin sequera se emitiron as declaracións que fixo a deputada e voceira do PP Paula Prado sobre este asunto nunha rolda de prensa que cubriu TVG.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/07/04/portavoz-ppdeg-pone-ejemplo-negar/839881.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s