O Telexornal serán do sábado 22 de xuño, ofrece a noticia de que a raíña Sofía recibíu asubíos e apupos no auditorio nacional, cando acudíu a un concerto – maratón de Beethoven:
Os responsables de informativos da fin de semana non seguiron o mesmo criterio co Ministro de educación, cultura e deporte, José Ignacio Wert (PP), que a noite do venres foi duramente increpado no Teatro Real, onde estivo precisamente acompañado pola raíña. Así o destacaron distintos medios de comunicación nacionais:
NIN O TELEXORNAL MEDIODÍA NIN O TELEXORNAL SERÁN DO SÁBADO 22 DERON NADA DO ASUNTO. Para os responsables de informativos da TVG, ESES APUPOS A WERT NON ERAN NOTICIA… igual que tampouco o foi días atrás o desprezo que sufríu o propio Wert cando varios dos alumnos universitarios españois máis brillantes lle negaron o saúdo nun acto académico.
Sen embargo, si se da o incidente coa raíña… Será porque ela non é do PP !!!!!.