O telexornal mediodía do sábado 22 de xuño destaca nos titulares, DESPOIS DOS PREZOS DAS SARDIÑAS… a concentración de centos de afectados/as polas preferentes na praza do Obradoiro de Santiago:
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-30h-613482
Pero cando comeza o desenvolvemento do informativo, a orde das noticias cambia completamente. O normal sería abrir polo que se destacou en titulares, pola concentración dos das preferentes, pero non.
A primeira fala dos casos resoltos esta semana pola vía da arbitraxe… CON DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO DE ECONOMÍA DA XUNTA:
A segunda refírese a que os xulgados agardan multitude de demandas polas preferentes…
E logo si, chega a noticia da concentración de centos de persoas no Obradoiro:
http://www.crtvg.es/informativos/concentracion-dos-preferentistas-no-obradoiro-613479
Unha decisión mal intencionada… ???; igual si, porque o Telexornal serán actúa correctamente: primeiro danse as mobilizacións dos afectados, e logo as posibes solucións e os datos de casos resoltos coa arbitraxe…
http://www.crtvg.es/informativos/xornadas-de-protesta-dos-preferentistas-en-santiago-613727
En calquera caso, o do Telexornal mediodía parece unha FALTA TOTAL DE RESPETO AOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES QUE SE CONCENTRARON NO OBRADOIRO E AOS QUE AÍNDA NON RECUPERARON OS SEUS CARTOS.