O problema das becas para estudiantes non importa na TVG

          

           O xoves 20 xuño, os rectores das universidades españolas rexeitaron o real decreto que endurece as medidas para conceder becas, e o Telexornal Mediodía da TVG non informou do asunto. 

           Os rectores celebraron pola mañá unha reunión preparatoria da que ían ter co ministro de Educación, José Ignacio Wert, responsable do real decreto.
            Os xornais de referencia xa informaban do rexeitamento ó mediodía:

 
http://www.abc.es/sociedad/20130620/abci-becas-rectores-estudiantes-201306201243.html
 
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/20/espana/1371724025.html
 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/20/actualidad/1371722169_984072.html
 
            Mesmo Telemadrid e outras televisións autonómicas informaban nas súas páxinas web:
http://www.telemadrid.es/noticias/nacional/noticia/los-rectores-tambien-piden-wert-rebajar-los-requisitos-para-las-becas-univ.
             Para o principal informativo da TVG non foi importate esta noticia, que afecta a milleiros de mozos que poderían ter que deixar os seus estudos por falta de medios económicos, ó perder a opción de obter becas.
 

             Os reitores consideran que o decreto Wert mesmo pode ser anticonstitucional e que podería deixar sen estudios ó 50 por cento dos actuais becados.
             Tampouco para o TX Serán foi importante. Deu a noticia cando xa se celebrara a reunión entre os reitores e o ministro Wert, pero case agochada, e tan curta que podía pasar desapercibida cun parpadeo.
 
http://www.crtvg.es/informativos/os-rectores-piden-eliminar-a-nova-nota-de-acceso-as-bolsas-611883
 
              Mentres, TVE destacaba a noticia xa nos titulares:
 
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/
 
              Tamén os xornais do día seguinte destacaban a noticia, algún mesmo na súa portada.
 
http://kiosko.net/es/np/elpais.html
 
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/20/espana/1371724025.html

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s