Non é o mesmo un imputado do PSOE que tres do PP

      

          O concelleiro socialista de Santiago, Bernardino Rama, foi imputado por presunto amaño de contratos. Como non podía ser doutra forma, a TVG informa polo miúdo da imputación.


http://www.crtvg.es/informativos/bernardino-rama-chamado-a-declarar-como-imputado-por-vazquez-tain-611621 

           Na presentación déixase claro que Rama foi concelleiro do “ex-alcalde socialista Sánchez Bugallo”. Noutras novas a afiliación política do imputado non aparece por ningures (xa o contamos varias veces neste blog). Tal foi o caso esta mesma semana da información sobre a declaración ante do xuíz do concelleiro do PP, Adrián Varela.

http://www.crtvg.es/informativos/declara-o-concelleiro-de-deportes-de-santiago-609528 

          Pero, aínda que sospeitoso, hoxe non queremos que quededes só con esta “casualidade”. Senón co disitnto tratamento que se lles da os imputados nos telexornais cando se tratan de políticos do PP e do PSdeG-PSOE.
           Xa vistes no primeiro enlace deste artigo como a imputación do concelleiro socialista se trataba profusamente: 1 minuto e 14 segundos.
           Lembremos agora como informou a TVG da imputación doutros edís santiagueses, pero desta volta do PP:

           24 de maio, imputación do concelleiro de Deportes: 26 segundos
http://www.crtvg.es/informativos/imputado-na-operacion-pokemon-o-concelleiro-de-deportes-de-santiago-592699

            23 de maio, imputado o concelleiro de Obras: 20 segundos
http://www.crtvg.es/informativos/imputado-o-concelleiro-popular-de-santiago-juan-de-la-fuente-por-falsidade-documental-591565

             22 de xaneiro, imputado o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Tráfico, Guindastre e ORA: 25 segundos (co agravante de que en 25 segundos se informaba de dúas imputacións máis, a do alcalde e a do ex-alcalde)
http://www.crtvg.es/informativos/imputan-a-ngel-curras-e-conde-roa-por-un-suposto-delito-de-prevaricacion-e-acoso-moral-515070

             En resumo:
             Partido Socialista: 1 imputado = 1 minuto e 14 segundos
             Partido Popular: 3 imputados=1 minuto e 11 segundos

             Eu non manipulo, e ti?

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s