O mércores 19 de xuño, o Telexornal mediodía da TVG non informa sobre a gran marcha prevista para isa mesma tarde en Vigo a prol do aeroporto de Peinador, convocada polo alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero.
Pero si se ofrecen unhas declaracións do tamén socialista e ex-alcalde Carlos Príncipe, realizadas no programa “foro aberto” do martes 18.
O que pasa é que Príncipe, ademáis de criticar a Caballero por “personalista”, ATACA DURAMENTE a JOSÉ BLANCO E Ó EX-PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO (Julio Pedrosa)… POLA SÚA XESTIÓN NO PORTO DE VIGO !!!!!, e sen vir a conto, métese isa declaración na noticia:
http://www.crtvg.es/informativos/principe-non-ira-a-manifestacion-en-defensa-de-peinador-e-acusa-a-caballero-de-convocala-polo-seu-propio-interese-610775
A TVG utiliza a Carlos Príncipe para lanzarse sen recato contra Abel Caballero. Non ten desperdicio o “Foro aberto” xa mencionado do martes…
http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto (desde o minuto 1)
Hai que lembrar ademáis, que Carlos Príncipe está expedientado polo seu propio partido (PSOE), xa que en numerosas ocasións foi desleal con cargos e institucións do mesmo, e na actualidade mantén unha liña extremadamente crítica.
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/04/24/ferraz-expedienta-carlos-principe/643283.html
No Telexornal serán, a información sobre a “gran marcha pro-Peinador” é aceptable, con conexións en directo e declaracións de Abel Caballero durante o acto. Só salientar que o equipo de directos da TVG recibíu a orde de cambiar de lugar, porque onde estaban había xente afectada polas preferentes… e seguramente os responsables de informativos tiñan medo de que sairan…
http://www.crtvg.es/informativos/concentracion-en-vigo-en-defensa-de-peinador-611119
Pero despois volve A UTILIZACIÓN DE CARLOS PRÍNCIPE COMO “ARIETE” CONTRA CABALLERO E CONTRA O PSOE. Repítese a súa declaración de “foro aberto”, a mesma que xa se meteu no TX mediodía:
http://www.crtvg.es/informativos/principe-non-ira-a-manifestacion-en-defensa-de-peinador-e-acusa-a-caballero-de-convocala-polo-seu-propio-interese-611118
Tamén se inclúen duras críticas de membros do BNG e do PP no concello de Vigo:
http://www.crtvg.es/informativos/a-oposicion-de-vigo-contra-a-concentracion-611117
En resumo: primeiro, “Foro aberto” leva en directo -de xeito excepcional- a Carlos Príncipe, que ataca sistematicamente ao PSOE e aos seus dirixentes… e logo os Telexornais utilízano intencionadamente nesa mesma liña. Outro descaro máis, e van…