Marcha pro-Peinad​or non; paus ó alcalde de Vigo si

           O martes 18 de xuño, o Telexornal mediodía informa de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero (PS de G-PSOE), pide unha mobilización xeral en Bruxelas, de forzas políticas, sindicais, gobernos e institucións, para reclamar axudas para o sector naval:

 
http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-vigo-pide-agora-unha-mobilizacion-en-bruxelas-609918
 
           Tratamento informativo correcto. É un chamamento xeral en axuda dun sector tan castigado como o naval, e ofrécense as declaracións do alcalde.
 
            Pero xusto de seguido, no mesmo Telexornal, fálase de pasada da convocatoria feita polo propio Abel Caballero para o mércores 19, en defensa do aeroporto de Peinador.
 
            Sen embargo, neste caso, SÓ SE DAN DECLARACIÓNS DE REPRESENTANTES DE BNG E PP NO CONCELLO DE VIGO, criticando ó alcalde porque din que manipula isa convocatoria cidadá. Non estaría mal ofrecer isas críticas, sempre e cando se dese tamén a opinión de Abel Caballero sobre a manifestación “pro-Peinador”. Pero a noticia do Telexornal é a seguinte:
 
http://www.crtvg.es/informativos/bng-e-pp-critican-a-convocatoria-do-alcalde-de-vigo-a-prol-de-peinador-consideran-que-usa-a-alcaldia-para-asuntos-do-psoe-609917
 
          Sorprende ese “negativo” tratamento informativo a véspera da concentración a favor de Peinador (e por extensión, de Vigo e a súa economía), cando hai só dúas semanas a TVG non deu absolutamente nada do anuncio da convocatoria por parte do alcalde vigués, ó contrario do que aqueles días (3 e 4 deste mes de xuño) fixeron outros medios:
http://www.abc.es/local-galicia/20130603/abci-caballero-convoca-vigo-manifestacion-201306031401.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/06/03/caballero-convoca-marcha-defensa-peinador/822190.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/caballero-promueve-concentracion-defensa-peinador/idEdicion-2013-06-03/idNoticia-809897/
http://www.vigoalminuto.com/2013/06/03/abel-caballero-llama-a-concentrarse-el-dia-19-en-defensa-de-peinador-y-de-la-ciudad/
           Resumo: cando Abel Caballero anunciou a convocatoria para o día 19, non se deu ningunha información. A véspera da “gran marcha” a prol do aeroporto de Peinador e de Vigo, cando estaría ben falar da concentración e saber a opinión do alcalde vigués… só se comentan os “paus” que lle dan BNG e PP no concello.
           

          Niso deben consistir o RIGOR E O CRITERIO XORNALÍSTICO para os responsables de informativos da TVG…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s