A pobreza informativa no xuizo do Prestige

Xa falamos tempo atrás neste blog da desidia e da falta de profesionalidade coa que se trata o xuízo do Prestige.

O día 18 de xuño, viviuse un deses días nos que queda patente a pouca profesionalidade dos que elaboran os informativos.

No xuízo que se segue na Coruña pola maior catástrofe ambiental de España, as partes presentaron máis de catro horas de videos e conversas inéditas entre os encargados de xestionar o desastre e os responsables do petroleiro.

A TVG, cun telexornal mediodía que dura case unha hora, limitouse a ofrecer unha información máis ca pobre, ridícula, sobre todo isto, a pesar de que toda a prensa de Galicia foi consciente do que se estaba vendo e oíndo.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/18/galicia/1371568465_377201.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/19/me-ocurre-cono-rezar/0003_201306G19P6992.htm

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/fiscalia-mantiene-su-peticion-12-anos-prision-capitan-apostolos-mangouras/idEdicion-2013-06-18/idNoticia-812451/

Nunha desas grabacións, pódese oir a López Sors, ex director xeral da Mariña Mercante, dicir “so nos queda rezar”.

A este paso so nos quedará tamén iso na TVG.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s