O concello de Pontevedra solidarízase cos preferentistas e TVG non informa

       

      As novas relacionadas coas participacións preferentes  non sempre  son ben recibidas en TVG. Desde que a dirección de informativos frenou -cando xa estaba elaborada e a piques de emitirse- a primeira noticia que se ía dar sobre este asunto, sucedéronse diferentes formas de censura en torno a este ‘corralito’ que ten atrapados os aforros de milleiros de galegos. Desde versións interesadas ata omisión de protestas e mobilizacións.

       A última este luns 17 de xuño. O Telexornal  Mediodía, o principal e o de mais audiencia da canle autonómica, abriu con ampla información sobre o remate do prazo para recorrer a arbitraxe,  consellos da Xunta para actuar a partir de agora, e a protesta de preferentistas que impiden a reapertura da sucursal de NovaGaliciaBanco en Moaña.
      Sen  embargo non se  informa do ocorrido no pleno municipal de Pontevedra,  suspendido polo goberno local a petición dos preferentistas, en solidaridade con eles.  Será porque este concello está gobernado por BNG e PSdeG-PSOE e sempre apoiou ós afectados por este producto bancario?…

     Así se deu noutros medios:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/06/17/suspendido-pleno-municipal-pontevedra-preferentes/00031371461773016545731.htm

 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/afectados-preferentes-obligan-suspender-solidaridad-pleno-municipal-pontevedra/idEdicion-2013-06-17/idNoticia-812285/

 

http://www.europapress.es/galicia/noticia-afectados-preferentes-obligan-suspender-solidaridad-pleno-municipal-pontevedra-20130617162730.html

 

       No Telexornal mediodía da TVG este luns, non se ofrece ningunha información.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s