O concelleir​o de deportes de Santiago non é do PP ?

                       

             O luns 17 de xuño, comparece nos xulgados de Lugo como imputado na “operación Pokémon” o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do PP, como posible autor dos delitos de tráfico de influencias, cohecho e falsidade documental.

     
            Ista é a información que ofrece o Telexornal mediodía da TVG:
            http://www.crtvg.es/informativos/declara-o-concelleiro-de-deportes-de-santiago-609528

            EN NINGÚN MOMENTO SE DI QUE ADRIÁN VARELA PERTENCE Ó PP, e nin sequera se pon unha lenda (un rótulo sobreimpresionado que apoia a noticia) de referencia. Na mesma información tampouco se di que é do PP o concelleiro dunha localidade asturiana, Joaquín Fernández, detido o pasado mes de febreiro e imputado tamén na “Pokémon”.
 
              No Telexornal serán si se comenta que Adrián Varela é “concelleiro popular” de Santiago.
            
               O caso é que con outros partidos, en asuntos negativos para os protagonistas, especialmente con PSOE e BNG, sempre se subraia a pertenza política.

                Por exemplo, só un día antes, no Telexornal mediodía do domingo 16, DESTÁCASE ESPECIALMENTE QUE A EX-ALCALDESA “NACIONALISTA” de Melide, deberá responder polos delitos de prevaricación e falsidade documental. Así foi a noticia no informativo do 16 de xuño:
http://www.crtvg.es/informativos/a-ex-alcaldesa-de-melide-a-nacionalista-socorro-cea-tera-que-responder-ante-un-xuiz-polos-delitos-de-prevaricacion-e-falsidade-documental-608865
              

                 Como poden aprezar, UN TRATAMENTO INFORMATIVO COMPLETAMENTE DISTINTO E TENDENCIOSO, resaltando a pertenza política da ex-alcaldesa de Melide, e OCULTANDO a do concelleiro de deportes de Santiago; por certo, un concello no que practicamente a metade dos membros do goberno municipal (do PP), incluído o alcalde Angel Currás, están imputados xudicialmente por distintas causas.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s