Ninguneando o logro histórico do dominio “.gal”

estouche_a_punto_gal

O sábado 15 de xuño Galicia desperta cunha  excelente noticia, un logro histórico conseguido logo de sete anos de intenso traballo e xestións de cidadáns e organismos culturais: A AUTORIZACIÓN DO SUFIXO “.GAL” PARA AS PÁXINAS WEB GALEGAS E EN GALEGO, QUE AGORA PODERÁN IDENTIFICARSE XENUINAMENTE EN INTERNET.

Podería estar operativo a principios do 2014.

O Organismo internacional encargado desas asignacións, o ICANN, recoñécelle á lingua e á cultura galegas o dereito a contar cun dominio de internet de primeiro nivel.

Así o publican e destacan varios medios de comunicación:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/06/15/asociacion-gal-agarda-rexistren-ata-9000-dominios-proximo-ano/00031371295550271426277.htm

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/asociacion-puntogal-celebra-aprobacion-dominio-gal/idEdicion-2013-06-15/idNoticia-812022/

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/15/dominio-gal-estara-operativo-inicios-2014/829578.html

Pero os Telexornais da TVG deste sábado, NINGUNEAN claramente o feito; tanto o TX mediodía coma o TX serán ofrecen a mesma información sobre a rolda de prensa na que se anuncia a decisión, desprazada moi ó final do programa, sen destacala sequera nos titulares de apertura.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00h-608544

http://www.crtvg.es/informativos/o-gal-sera-o-dominio-da-cultura-galega-en-2014-608519

A pesar de ser unha noticia moi relevante, que suporá un enorme impulso para o nome e a “marca” de Galicia en todo o mundo, os responsables de informativos devalúana claramente. Non hai reaccións de persoeiros ou institucións galegos/as… non se fai unha análise das vantaxes que vai supoñer…

Parece que a algúns xefes da TVG lles produce certa aversión aquilo que resalta valores de “galeguidade”… sempre e cando non procedan da Xunta ou do PP, claro.

Lembremos dous casos ocorridos nas últimas semanas: o “apagón informativo” dos “correlingua” nos Telexornais, e a ausencia de noticias sobre a absolución xudicial ó presidente da Mesa pola normalización lingüística, Carlos Callón:

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/17/nada-de-correling%E2%80%8Bua-nos-telexornai%E2%80%8Bs/

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/07/e-a-absolucion-de-carlos-callon/

Que a TVG marxine deste xeito noticias e feitos tan relevantes para o idioma, a cultura, os logros en internet de Galicia… resulta bastante lamentable.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s