O BNG, Otegi e un retraso infundado de seis días!!!

 

 Ximena

O pasado 7 de xuño unha concelleira de Ourense, do BNG, pediu no pleno a liberación do secretario xeral de Sortu Arnaldo Otegi “en prisión por defender a liberdade do seu país” segundo Ximena González. A TVG non emitiu esas declaracións, das que si informaron case todos os medios:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/06/07/concejala-bng-ourense-pide-libertad-arnaldo-otegi/0003_20130620130607170812794.htm

http://www.abc.es/local-galicia/20130607/abci-apoya-otegi-201306071727.html

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/06/08/apoyo-otegui-durante-pleno/730462.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/06/08/ximena-libertad-otegi-camiseta-gin/825191.html

Uns días despois, a Asociación de Gardas Civís-Unión GC cualificou as palabras da concelleira como “unha auténtica aberración e unha falta de respecto a todos os que (…) sofren o azote do terrorismo”. Tampouco a TVG informa deste comunicado. Sí o fan outros medios.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/06/09/guardia-civil-tacha-aberracion-apoyo/825728.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/09/union-guardias-civiles-pide-concejala-defendio-arnaldo-otegi-rectifique/0003_201306G9P4994.htm

Houbo que esperar seis días!!! para que na TVG se escoitasen as declaracións da concelleira e se informase sobre a condena do sindicato da Garda Civil. Seis días!!! O xoves, aproveitando unha escueta declaración ao respecto do voceiro do BNG Xabier Vence, o Telexornal Mediodía ofrece un video dun minuto de duración con todos estes acontecementos.

http://www.crtvg.es/informativos/vence-apoia-as-verbas-da-edil-nacionalista-de-ourense-que-mostrou-o-seu-apoio-a-otegui-606961

As declaracións da concelleira houbo que pedilas a unha emisora de radio e, segundo nos contan, xa estaban en poder da TVG desde bastantes días antes. Por qué non se emitiron no seu momento? Por qué esperou a TVG seis días? Por qué as ofrece cando o líder do BNG fala do tema por vez primeira? A qué estaba agardando a TVG para emitilas?

Quen teña unha contestación a estas preguntas faría ben en mandárnola ao noso correo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com Estaremos encantados de compartila cos nosos seguidores.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s