As Harley e a cazadora de coiro do papa

 

 harley

O venres 14 de xuño, o Telexornal serán (de novo o Tx serán con estes asuntos… porqué será … ???) emite unha información RELEVANTE E DECISIVA sobre o papa Francisco: REGÁLANLLE DÚAS MOTOS HARLEY DAVIDSON E UNHA CAZADORA DE COIRO… polos 110 anos da mítica compañía moteira:

http://www.crtvg.es/informativos/regalan-duas-harley-davidson-ao-papa-608164

HAI UNS DÍAS coñeceuse unha información de enorme calado e trascendencia dentro do Vaticano e do mundo católico, cando O PAPA RECOÑECEU A EXISTENCIA DUN LOBBY GAY DENTRO DO PROPIO VATICANO:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/11/internacional/1370953922.html

A TVG non deu absolutamente NADA sobre isa importante noticia… pero si emite habitualmente actividades e feitos irrelevantes do papa Francisco. Por citar os máis recentes, a solta de dúas pombas… e a petición ás monxas do mundo para que sexan “nais espirituais”…

http://www.crtvg.es/informativos/o-papa-bendice-e-libera-dus-palomas-durante-a-audiencia-no-vaticano-587106

http://www.crtvg.es/informativos/o-papa-pidelles-as-monxas-que-sexan-nais-de-fillos-espirituais-582729

Volvendo a este 14 de xuño, no texto da noticia no Tx serán, logo do das Harley e a cazadora, dise que Francisco se reuníu co arcebispo de Canterbury, para dicirlle que “a igrexa católica e anglicana deben camiñar xuntas”.

 O papa Francisco pedíulle a Justin Welby colaborar “pola estabilidade das familias baseadas no matrimonio”, pero SEN ALUDIR A QUE DEBE ESTAR FORMADO POR UN HOME E UNHA MULLER, o que algúns medios consideran como unha “táctica” do papa para entrar nese debate sobre a unión de parellas homosexuais:

 http://www.elnuevoherald.com/2013/06/14/1499835/papa-se-suma-al-debate-sobre-matrimonio.html

 http://noticias.terra.es/mundo/renuncia-y-sucesor-de-benedicto-xvi/papa-se-suma-al-debate-sobre-matrimonio-gay,c8fa2aa7dc04f310VgnCLD2000000dc6eb0aRCRD.html

Nin que dicir ten que para a TVG, isa análise ou versión foi completamente ignorada.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s