13 de xuño. A Axencia EFE saca as 13.14 horas un teletipo urxente no que da conta de que a Asociación de Avogados Demócratas por Europa (Adade), unha das acusacións no caso Bárcenas, pide que o expresidente do Goberno José María Aznar declare como testemuña,
tras identificalo o exdeputado popular Ignacio del Burgo como a persoa que aprobou unha compensación a un exconselleiro navarro, así como por recibir do PP 782.695 euros en seis anos.
Algúns medios reflicten a nova:
http://politica.elpais.com/politica/2013/06/13/actualidad/1371117229_817665.html
A TVG non ofreceu información sobre esta petición de ADADE.