En defensa da CRTVG ante os ataques desleais de La Voz

crtvg
Desde este blog, nunca nos cansaremos de repetir que o obxectivo do mesmo é conseguir desterrar dunha vez por todas a manipulación na TVG, o partidismo político e o ridículo informativo que denigran este servizo público TAN ESENCIAL PARA GALICIA.
PRETENDEMOS QUE AS GALEGAS E GALEGOS SE SINTAN ORGULLOSOS DA SÚA TELEVISIÓN, E PARA LOGRALO HAI QUE TRABALLAR DESDE A HONESTIDADE, O COMPROMISO PROFESIONAL E A DECENCIA E SERIEDADE PARA OFRECERLLES TODOS OS DÍAS NOTICIAS VERACES E ANÁLISES IMPARCIAIS DO QUE ACONTECE DENTRO E FORA DO NOSO PAIS.
Niso estamos desde “eunonmanipulo”, para defender, prestixiar e darlle credibilidade á TVG, para que sexa un exemplo.
 E precisamente desde ese plantexamento queremos REXEITAR NOTICIAS E ACTITUDES PROCEDENTES DALGÚN OUTRO MEDIO DE COMUNICACIÓN PRIVADO QUE PRETENDE DENIGRAR Á TVG, CANDO REALMENTE SE NUTRE E MESMO CASE SOBREVIVE GRAZAS A ELA…
 Falamos de “La Voz de Galicia”, que no xornal do xoves 13 de xuño, ofrece unha información na que salienta que “a metade do presuposto da CRTVG vaise en pagar as nóminas dos traballadores…”
 O dato é falso, porque nese apartado están incluidas as indemnizacións, atrasos ou compensacións económicas correspondentes a sentenzas xudiciais favorables aos traballadores da CRTVG. Sentenzas que, nos últimos tempos, foron numerosas.
E, finalmente, o dato que fai máis notoria a contradición da “Voz”:  O grupo (xornal, produtora audiovisual e televisión) SOSTENSE PRACTICAMENTE POLOS CONTRATOS QUE OBTÉN DA TVG, SOBRE TODO NAS SERIES DE FICCIÓN (COMO PADRE CASARES). A PRODUTORA DA VOZ COBRA DA TVG POR CADA TEMPORADA AO REDOR DE MILLÓN E MEDIO DE EUROS !!!!!.
 Sen eses ingresos, obviamente a produtora da Voz non existiría… seguramente tampouco V Televisión… e mesmo o xornal en papel tería enormes dificultades para sobrevivir…
 Son “pinceladas” que desbaratan o intento de “La Voz de Galicia” de desprestixiar á CRTVG, UNHA EMPRESA CLAVE PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIAL, CULTURAL E INFORMATIVO DE GALICIA, QUE DESDE AQUÍ SEMPRE DEFENDEREMOS, E POLA QUE TRABALLAMOS A COTÍO CO NOSO MELLOR DESEMPEÑO E PROFESIONALIDADE.
SI Á CRTVG, NON AOS  QUE BUSCAN TALLADA SEN IMPORTARLLES NIN O SERVIZO PÚBLICO NIN OS TRABALLADORES.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s