Os magos da TVG agochan os recortes na Universidade

rectores

       Os responsables do TX mediodía fixeron hoxe unha nova demostración de fidelidade e non quixeron estropearlle ó presidente da Xunta o seu anuncio de conxelación das taxas universitarias.

Esta mesma mañá, os tres reitores das Universidades galegas publicaron un comunicado conxunto no que critican duramente a rebaixa salarial imposta pola Xunta. Consideran que detrás destes axustes presupostarios agóchase unha ideoloxía que persegue entre outras cousas “a minoración do público en beneficio do privado”.

Todos os xornais levaron ás súas primeiras páxinas este comunicado.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/campus-gallegos-rechazan-rebaja-salarial-impuesta-xunta-base-ideologica/idEdicion-2013-06-13/idNoticia-811603/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/13/tres-universidades-gallegas-rechazan-rebaja-salarial-impuesta-xunta/00031371111905627651516.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/13/tres-universidades-gallegas-expresan-energico-rechazo-rebaja-salarial-impuesta-xunta/828223.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/13/galicia/1371118894_360818.html

A TVG abríu o Telexornal mediodía coa conxelación das taxas na universidade pero, nun alarde de virtuosismo, non dixo nada da carta dos reitores ata a metade do informativo, xusto despois do video sobre a oferta das universidades galegas, e a tal velocidade que é imposible enterarse de nada.

http://www.crtvg.es/informativos/as-tres-universidades-galegas-rexeitan-a-rebaixa-salarial-aprobada-pola-xunta-e-publicada-no-dog-a-finais-de-febreiro-606954

Dase a circunstancia de que o propio presidente da Xunta falou desta carta dos reitores na rolda de prensa posterior á reunión do goberno.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/13/xunta-incrementa-69-ciento-becas-universitarios/0003_2013061371117017756254.htm

Pero, obviamente, a galega “entendeu” que nin a opinión dos reitores nin a resposta do Presidente da Xunta tiñan entidade suficiente como para ir ao comezo do Telexornal. Para que logo digan que na TVG non hai imaxinacion.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s