Agricultores da Limia din que TVG informa sen ética sobre a mina de feldespato

xinzo

A asociacion de agricultores Corno do Monte, da Limia, di que “non se axusta ó rigor e á etica xornalistica” a información que hoxe, 13 de xuño, deu o Telexornal Mediodía da TVG sobre o anuncio do presidente da Xunta de que non se vai permitir a mina de feldespato nesa comarca ourensá.

A asociación,  entrevistada pola TVG para a noticia que se emitiu, enviou un comunicado a “Eunonmanipulo” no que lamenta que a informacion dada non se axuste a esa entrevista.  “Co agravante de que estamos a falar dun medio galego e dos galegos, que sostemos cos nosos impostos e do que agardamos o máximo rigor e IMPARCIALIDADE” engade o comunicado, que mesmo pide a TVG unha rectificación.

Na sua información, TVG da por feito que non se vai permitir a mina de feldespato na Limia, cando, segundo afirma Corno do Monte, non hai aínda nada decidido e o risco segue existindo. Segundo din, deixaron eso claro na entrevista coa TVG.

Esta é a información que se deu no TX Mediodía, que di ademais que os agricultores da zona “están moi contentos” tralo anuncio do presidente Nuñez Feijoo.

http://www.crtvg.es/informativos/os-agricultores-da-limia-contentos-porque-a-xunta-no-autorizou-a-mina-de-feldespato-606964

O comunicado que Corno do Monte remitiu a Eunonmanipulo está publicado no seu propio blog.

http://cornodomonte.wordpress.com/

Nin sequera coincide o número de hectáreas que poderían estar afectadas pola mina. En calquera caso, parece que iso de que os agricultores “volveron ó campo moi contentos” non é ‘de todo’ certo.

Nos, desde este blog, queremos agradecerlle a Corno do Monte  a súa protesta, que entendemos como unha colaboración na defensa da televisión pública galega,  da Televisión de Galicia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s