Red Madre, un filón de noticias para a TVG

redmadre

 

Martes, 11 de xuño. Canto maior é o nivel de estudos das mulleres, menos abortos se producen en España.

 

Así, deste xeito tan contundente, empezaba a TVG a súa información sobre o último informe da organización antiabortista Red Madre.

 
Por segundo día consecutivo, Red Madre conseguía colocar o seu informe nun telexornal da televisión pública de Galicia, O día anterior foi o Telexornal Mediodía o que recollía a seguinte nova.
A axencia Europa Press foi un dos poucos medios que informaron de tal informe.
A mesma axencia recolleu as críticas do PSOE ao devandito informe, pero a Televisión de Galicia non considerou convinte informar aos seus telespectadores.
É habitual que a Televisión de Galicia lles dea voz ás organizacións antiabortistas. Con máis dificultade  encontran un sitio nos telexornais as voces críticas á reforma da lei do aborto do Goberno. Sen ir máis lonxe, a última delas foi a de Rosalía Mera, presidenta da Fundación Paideia.
A TVG cubriu esa rolda de prensa, pero censurou as palabras sobre o aborto dunha das mulleres máis influíntes da sociedade española.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s