O martes 11 de xuño prodúcense protestas en varios puntos de Galicia por parte dos afectados polas participacións preferentes
tras a nova quita do FROB (Fondo de reestruturación ordenada bancaria) aos seus investimentos.
Os “preferentistas” maniféstanse en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ribeira e Carballo.
No Telexornal mediodía, a TVG SÓ ofrece imaxes do ocorrido en VIGO (menos de 20 segundos) e OURENSE (uns 11 segundos), en ámbolos casos destacando só a indignación dos afectados co FROB e coas entidades bancarias, SEN CITAR EN NINGÚN MOMENTO AS DURAS CRÍTICAS QUE VERTERON OS CONCENTRADOS CONTRA A XUNTA E O GOBERNO CENTRAL:
Pero hai que salientar o tratamento realizado co ocorrido en Santiago. Alí celebrouse un pleno extraordinario do concello, ONDE DUCIAS DE AFECTADOS BERRARON CONTRA O GOBERNO LOCAL (PP), A XUNTA E O GOBERNO CENTRAL, PISOTEARON FOTOS E CARTEIS DE RAJOY E DE DEPUTADOS GALEGOS DO PP, PEDIRON A DEMISIÓN DO ALCALDE ANGEL CURRÁS, E RACHARON CARNÉS DE MILITANTES DO PARTIDO.
Na información só se comenta o da rachadura dos carnés.
No pleno intervíu o voceiro dos afectados na zona de Compostela, Xesús Domínguez, que criticou abertamente aos distintos gobernos do PP (concello, Xunta e goberno central), pero no Telexornal ignoráronse esas declaracións.
Para que se fagan unha idea “real” do que ocorreu, aí teñen o que publicou o xornal local santiagués El Correo Gallego sobre os feitos no concello:
No Telexornal Serán, en cambio, o tratamento da información sobre as protestas foi moito máis completo.