Francisco saca do armario parte da curia

O martes 11 de xuño divúlgase a noticia de que o Papa Francisco RECOÑECE ABERTAMENTE A EXISTENCIA DUN LOBBY GAY DENTRO DO VATICANO.
       Seica nese encontro, o Papa admitíu a existencia dunha rede de corrupción homosexual con estas verbas: “Na curia hai xente santa, de verdade, hai xente santa. Pero tamén hai unha corrente de corrupción, tamén a hai, é verdade. Fálase do “lobby gay”, e é verdade, está ahí; hai que ver qué podemos facer”
        De inmediato, case todos os medios reflicten a noticia, destacándoa:
         A TVG, que tan acostumados nos ten (especialmente o Telexornal serán) a dar todas as actividades do Santo Pai, NON INFORMA ABSOLUTAMENTE NADA  SOBRE O ASUNTO.
         Sorprende sobre todo porque hai só unhas semanas, ese informativo (o Telexornal serán) ofrecía noticias de tanto “calado” e “relevancia” coma estas:
         O PAPA LIBERA DÚAS POMBAS !!!!!
          O PAPA PÍDELLES ÁS MONXAS QUE SEXAN NAIS…
          A ver se algún día os/as responsables de informativos aclaran cales son os criterios na selección de noticias sobre o Papa.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s